O día 21 de marzo o alumnado de primeiro contou coa presencia do escritor Ramón D. Veiga, que estaba con motivo da lectura por parte do alumnado do seu libro "Miñoca e Ourizo"
Fixeron un pequeno taller de ilustración, onde aprenderon como facer caras alegres, caras tristes e pensativas.Tamén lles mostrou outros libros da mesma colección de Miñoca e Ourizo, a continuación fixéronlle preguntas e aproveitou para contar curiosidades sobre o libro e por último asinoulle os libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario