jueves, 20 de marzo de 2025

8 M: Mulleres de Europa

 Dende a comisión de biblioteca quixemos volver conmemorar o Día Internacional da Muller realizando algo especial. 
Aproveitando que dentro do noso PDI “Viaxando por Europa” estudaban  en cada aula mulleres destacadas de cada país, pedimos que escolleran unha muller  de cada nacionalidade, acompañada dunha foto e unha breve reseña. Con ese material  realizamos  un mural .
Para elaboración das letras do mural “Mulleres de Europa para o mundo” beneficiámonos  da nosa cortadora laser, así como dun dos nosos bibliotecarios que se encargou de elaborar o formato e imprimir.
A continuación co programa CANVA creáronse unha maqueta de cada unha das Mulleres importantes elixidas.
Para rematar un mapa do mundo serviu para enmarcar nos países onde naceron estas mulleres emprendedoras.
 Así de bonito quedou o mural deste ano 2025!





No hay comentarios:

Publicar un comentario